BOCOIS

Os carballos que utilizamos para facer as duelas proveñen das fragas máis prestixiosas do norte da Península, e tamén das mellores fragas francesas e estadounidenses (Virginia, Ohio, Pensylvannia)

Unha vez seleccionada a madeira nas fragas prepáranse as cortas rigurosamente

Unha vez na fábrica cortámolos seguindo criterios dimensionais e segundo a súa procedencia son destinados á fabricación de duelas para a elaboración dos bocois nos que envellecerán bebidas espirituosas e viños das mellores denominacións de orixe.

Dispoñemos dun amplo stock de troncos para dar rápida resposta ós nosos clientes adaptándonos sempre ás súas necesidades en canto a procedencia e as medidas para a fabricación dos distintos tipos de bocois.

Dispoñemos da máis avanzada maquinaria para poder ofrecer os máis altos estándares de calidade na fabricación de duelas.